Escoitar

Xunta de Goberno Local

venres, 5 xan 2007
A Xunta de Goberno Local está convocada para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 8 de xaneiro de 2007, ás 8.00 horas en primeira convocatoria e ás 9.00 horas en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da seguinte relación:

1.- Acta da sesión ordinaria do 27 de novembro de 2006.


BENESTAR SOCIAL
2.- Bases do programa de prestacións individuais municipais para a prevención, asistencia e promoción social 2007. Expte. 19065/301.

DEPORTES
3.- Solicitude da Agrupación Deportiva Vigo de autorización para organizar a proba clasificatoria de campo a través para a zona de Vigo-Redondela. Expte.6829/333.

PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
4.- Proposta de adxudicación do procedemento negociado para a contratación do servizo público de retirada, inmobilización, depósicto e xestión de cobro dos vehículos indebidamente estacionados na vía pública. Expte. 70443/210.

5.- Devolución de fianzas:
a)Ecovigo Publicidad S.L. Expte. 1533/241.
b)Servicios Medioambientais Forsai S.L. Expte. 1491/241
c)Sercoysa Proyectos y Obras S.A. Expte. 1512/241.
d)Vila Producción y Servicios S.A. Expte. 1531/241.
e)Autoescuela "O’Se Alquila". Expte. 1568/241.
f)Conmasarte S.L. Expte. 1456/241.


PERSOAL
6.- Contratación de tres auxiliares administrativos, por un período de tres meses, por acumulación de tarefas. Expte. 16974/220.

7.- Productividade ó persoal pertencente ós servizos de Desifección e Laboratorio Municipal pola súa participación no operativo disposto con motivo da gripe aviar. Expte. 16901/220.

8.- Rogos e preguntas.