Vigozoo entrega aos Hermanos Misioneros os alimentos recollidos na campaña solidaria de Nadal
O concelleiro delegado de Vigozoo, José Manuel Couto, entregou hoxe venres aos Hermanos Misioneros de los Enfermos Pobres de Teis os arredor de 600 kilos de alimentos recollidos na campaña "Un neno, un alimento", que se desenvolveu no parque da Madroa do 1 de decembro ao 8 de xaneiro.
Con esta campaña, Vigozoo apelou á solidariedade dos nenos e nenas de 3 a 16 anos permitíndolles entrar gratis nas súas instalacións a cambio de un alimento non perecedoiro. Agora estes alimentos están en mans dos Hermanos Misioneros, que os distribuirán entre os que máis os necesitan.
A campaña "Un neno, un alimento" completouse cun concurso de debuxo dirixido aos nenos e nenas de 6 a 16 anos. Esta inciativa, que se desenvolveu paralelamente á entrega de alimentos no zoo, contou coa participación duns 70 nenos e nenas. O fallo do concuso farase público o 16 de xaneiro. Posterioremente, no reptilario do parque zoolóxico poderá visitarse unha exposición das mellores postais realizadas polos concursantes.