Escoitar

O número de visitas a Vigozoo rexistra un notable incremento con respecto a 2005 e 2004

A pasada semana achegáronse a Vigozoo un total de 4.681 visitantes, a gran maioría adultos (2.515) e público infantil (1.339). No que vai de 2006 o zoolóxico de Vigo rexistrou un total de 97.612 visitantes.

martes, 17 out 2006
1161089959tartaruga171006.jpg
Na mesma semana de 2005 visitaron Vigozoo 1.122 persoas (686 adultos e 383 nenos), o que supuxo un total acumulado de 76.412 para as mesmas datas do ano pasado. En 2004, no mesmo período semanal, Vigozoo rexistrou 1.686 visitantes (1.200 adultos e 484 nenos), sendo o total anual acumulado de 71.829 visitantes.

Nova tartaruga

O pasado venres 13 de outubro chegou a Vigozoo un exemplar femia dunha tartaruga caimán (Macroclemys temminckii), que vivirá no recinto de tartarugas xunto ao macho que xa ocupa o recinto desde a primavera do pasado ano.

Son exemplares adultos, carnívoros e cunha lonxitude de 40 cm de caparuza, podendo acadar os 60 cm. O macho pesa arredor de 22 kilos, mentres que a femia non chega aos 20.

Este tipo de tartaruga vive en fondos pantanosos de ríos e lagos de Estados Unidos, e pode aguantar baixo a auga sen respirar case unha hora (entre 40 e 50 minutos), ademais ten unha curiosa forma de alimentarse, xa que presenta na súa boca un apéndice con forma de verme que atrae as presas.

Con esta nova chegada pretendeuse emparellar esta singular especie cunha finalidade reproductiva.
Descargar todas as imaxes