luns, 16 outubro 2006
As xornadas terán lugar do 17 ao 20 de outubro no salón de actos da Fundación Caixagalicia

As xornadas de filosofía de Vigo profundizarán no conflito de civilizacións

luns, 16 out 2006

¿Conflito de civilizacións? e o tema central das Xornadas de Filosofía que organiza a agrupación Aletheia en colaboración co Concello de Vigo e a Fundación CaixaGalicia. Na sesión inaugural participarán Rafael Valencia que disertará sobre "Islam actual, relixión e sociedade" e Rafael Bueno Martínez sobre "O Diálogo Oriente-Occidente".

O día 20 comeza a programación do festival de música ARE MORE 2006

luns, 16 out 2006

31 espectáculos conforman a programación do festival de música de Vigo "ARE MORE" 2006 que se desenvolverá entre os días 20 de outubro e 19 de decembro. O concerto inaugural, que terá lugar o venres 20 de outubro ás 20:30 horas, estará a cargo da Orquestra Sinfónica de Berlín que interpretará obras de Beethoven e Mozart no Teatro-Cine Fraga Caixagalicia.