Vía libre ás obras para mellorar o contorno da sociedade Helios de Bembrive
O Concello contribuirá con 135.000 euros á execución das obras de mellora do contorno da sociedade Helios de Bembrive, segundo o convenio asinado hoxe venres pola alcaldesa, Corina Porro, e o alcalde pedáneo desta parroquia, Benito Pérez.
A Entidade Local Menor de Bembrive asume o resto do financiamento dos traballos, cun importe de 69.000 euros, o que soma un total de 204.000. O Concello contratará unha empresa construtora para levar a cabo as obras. A vixencia do convenio asinado hoxe é de un ano, prorrogable de mutuo acordo sempre e cando concorran circunstancias excepcionais.
Descargar todas as imaxes