Escoitar
As xornadas terán lugar do 17 ao 20 de outubro no salón de actos da Fundación Caixagalicia

As xornadas de filosofía de Vigo profundizarán no conflito de civilizacións

¿Conflito de civilizacións? e o tema central das Xornadas de Filosofía que organiza a agrupación Aletheia en colaboración co Concello de Vigo e a Fundación CaixaGalicia. Na sesión inaugural participarán Rafael Valencia que disertará sobre "Islam actual, relixión e sociedade" e Rafael Bueno Martínez sobre "O Diálogo Oriente-Occidente".

luns, 16 out 2006
O tema central das xornadas presentase baixo o interrogante do "conflicto das civilizacións" porque, segundo os organizadores, na actualidade danse opinións encontradas sobre un problema evidente. Os movementos migratorios internacionais trouxeron consigo a aparición de novos ámbitos de problemas derivados das relacións laborais que antes non existían. A superpoboación de países exportadores de man de obra, a escaseza da mesma nos países receptores propiciaron un intercambio cultural totalmente descoñecido hai poucos anos. Todo isto é o que fundamenta a proposta do Grupo Aletheia para abordar unhas Xornadas de Filosofía nas que autoridades intelectuais de total solvencia debatan e ofrezan os seus puntos de vista sobre estes problemas.

As xornadas están destinadas ao público en xeral e contan cun número limitado de 150 prazas. A inscrición é gratuíta e realizarase a través do A.C. Grupo Aletheia ou, directamente, no local das xornadas no momento do seu inicio (se houbera prazas dispoñibles).

As xornadas están patrocinadas pola Fundación CaixaGalicia, no marco do convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Fundación para o desenvolvemento de actividades culturais.

Máis información