O Pleno incrementa as gratificacións por horas nocturnas, festivas e extraordinarias
Os traballadores ao servizo do Concello de Vigo verán aumentada a contía das gratificacións que reciben en concepto de horas nocturnas, festivas e traballos extraordinarios realizados o 24 e o 31 de decembro. O Pleno autorizou hoxe martes un incremento da partida orzamentaria correspondente por importe de 1.088.000 euros.
A decisión saiu adiante cos votos favorables do PP e a abstención dos restantes grupos. O concelleiro popular Javier Guerra defendeu esta modificación dos orzamentos municipais vixentes argumentando que a partida actualmente destinada a gratificacións "non pode cubrir" o xa acordado neste sentido polo Pleno da Corporación o pasado 31 de marzo. Guerra engadiu que a postura do seu partido responde á "vontade política" de satisfacer "peticións que non son de hoxe" por parte dos traballadores do Concello.
A existencia dun acordo previo sobre as condicións económicas e sociais do persoal do Concello e as propias peticións dos traballadores foron os motivos que alegaron os grupos da oposición para xustificaren a súa abstención, apesar de que todos criticaron a proposta de modificación orzamentaria defendida polo PP.
Así, María Luisa Graña, do PSdeG-PSOE, afirmou que "parches como o de hoxe" demostran o "fracaso da política de persoal" do Goberno da cidade. Pola súa parte, Henrique Viéitez, do BNG, detectou "aristas bastante difíciles de limar" na proposta de modificación orzamentaria, polo que demandou "fórmulas con máis garantías". Finalmente, Manoel Soto, do PG, advertiu que con medidas como esta "sábese cando se entra pero non cando se sae".
Por outra banda, o Pleno da Corporación autorizou outra modificación orzamentaria relativa ao cadro de persoal do Concello. Esta decisión, adoptada tamén cos votos favorables do PP e a abstención dos restantes grupos, consiste na amortización dunha praza vacante de profesor de música titulado, cunha dotación orzamentaria de case 50.000 euros, para cumprir o acordo da Xunta de Goberno do 23 de decembro de 2005 sobre retribucións complemetarias fixas e periódicas. Por este acordo fora modificada a relación de postos de traballo relacionados con contidos considerados especificamente de oficios, así como os dedicados a tarefas administrativas, todos eles encadrados nos grupos D e E.
Contra a pobreza
Ao comezar a sesión plenaria, a corporación municipal púxose en pé para oír o manifesto que a alcaldesa quixo facer público hoxe martes, Día Mundial contra a Pobreza. Dándolle voz, o secretario xeral do Pleno, José Riesgo Boluda, afirmou que "a sociedade no seu conxunto" ten "a obriga de avanzar na erradicación da fame e da pobreza en toda a súa dimensión", a través de "políticas laborais, sociais e económicas que favorezan a integración das persoas" e que comecen "polos que están máis preto de nós", en referencia aos vigueses e viguesas en situación de exclusión social.
Descargar todas as imaxes