Escoitar

Vigozoo convida os nenos e nenas ao seu campamento

De 30 a 35 nenos e nenas de 8 a 12 anos poderán participar os próximos 6 e 7 de setembro no Campamento XXXV Aniversario de Vigozoo. Nel levaranse a cabo actividades como obradoiros, manualidades, xogos, traballo de invernadoiro e visión de estrelas, todo por 39 euros.

venres, 11 ago 2006
Os participantes deberán levar calzado e roupa cómoda e, por se resulta necesario, algo para abrigarse. Para máis información e cita previa pódese chamar ao Departamento de Educación (986 26 77 83).

O programa de actividades é o seguinte:

Mércores 6 de setembro

10:00 Recepción
10:15 Presentación, norma, xogos e entrega de material
11:00 Almorzo
11:30 Visita guiada (interior das instalacións, alimentación de animais, etc.)
12:45 Distribución e montaxe de tendas de campaña
14:30 Comida e tempo libre
16:00 Obradoiro
17:00 Toca-toca
17:45 Gran xogo de pistas
18:30 Merenda e tempo libre
19:00 Pequena ruta pola zona forestal e miradoiro, xogos de animación
20:00 Visita al reptilario e mariposario
20:45 Obradoiro no invernadoiro
21:30 Cea e tempo libre
22:30 Animación e visita nocturna polo zoo
24:00 Silencio


Xoves 7 de setembro

08:30 Diana e aseo
09:00 Almorzo
10:00 Ruta circular ao monte Vixiador (picnic incluído)
14:30 Comida e tempo libre
16:00 Obradoiro
17:00 Xogos de animación
18:00 Desmontaxe de tendas de campaña
18:30 Merenda e tempo libre
19:00 Mural
19:30 Despedida