Escoitar

Lucía Molares presenta o "V Torneo Pareja de Oro" de Golf

A concelleira de Turismo e Deportes, Lucia Molares, presentou hoxe xoves o "V torneo Pareja de Oro" no hotel NH Palacio de Vigo. O campeonato celebrarase dende o día 16 ata o 20 de agosto nas instalacións do Real Aero Club de Vigo. O evento contará con aproximadamente 80 parellas participantes.

xoves, 10 ago 2006
1155208693golf100806.jpg
O presidente do Real Aero Club de Vigo, Guillermo Barreras, a concelleira de Turismo e Deportes, Lucía Molares e outros representantes da entidade deportiva presentaron o "V Torneo Pareja de Oro" no NH Palacio de Vigo hoxe xoves, estará patrocinado polo Concello de Vigo, NH Palacio de Vigo, Europcar e o propio Real Aero Club de Vigo.

Este evento é un torneo por parellas, para maiores de 18 anos, cunha duración de tres días de xogo, cada dous días é independente. A suma dos resultados dos tres días dará a clasificación final. As reglas do xogo estableceranse segundo as establecidas pola Real Federación Española de Golf.

A metade das 80 parellas participantes xogarán os días 16 e 18, mentres a outra metade farano os días 17 e 19. As 60 primeiras clasificacións pasarán o corte e xogarán o día 20. As modalidades serán distintas segundo os diferentes torneos: Fourball, Greensome e Foursome.

O día 20 celebrarase unha cena de gala no hotel NH Palacio de Vigo, onde se procederá á entrega dos premios, as siluetas da ría viguesa en ouro e en prata, e ó sorteo entre os xogadores asistentes dun conxunto de ferros e unha bolsa de paos da marca Wilson. Dende o día 1 abrirase o prazo de inscrición ata o 15 de agosto chamando o teléfono 986.48.75.09 ou en www.racvigo.com

O "V Torneo Pareja de Oro" é unha boa oportunidade para promocionar a cidade, o seu turismo e os seus deportes.
Descargar todas as imaxes