Escoitar

A pista de patinaxe de Samil convertirase nunha gran sala deportiva

O ximnasio Florida Gym organiza por segundo ano consecutivo "Florida Beachfitnees". Dende as dez da mañá ata última hora da tarde do sábado, día 12 de agosto, impartiranse clases dunha hora de duración e realizaranse exhibiciones de fitness e artes marciais, acompañados polos mellores profesionais de España e Portugal de fitness e Body Training Systems.

mércores, 9 ago 2006
1155123699floridabien.jpg
Lucía Molares e María Estévez
A concelleira de Deportes, Lucía Molares, presentou a mañá do mércores xunto coa coordinadora de Florida Gym, María Estévez, o segundo "Florida Beachfitness". O evento está previsto na pista de patinaxe da praia de Samil, dende as 10.00 ata as 22.30 horas do sábado. Molares anunciou que si as condicións mediomabientais, a causa dos incendios, non melloran o programa deportivo tendrá que aplazarse para outra data. Ante as moitas indicacións das administracións, facer deporte o aire libre durante un periódo de tempo longo non é saudable. O Concello en caso de aprazamento paliará todos os gastos que ocasione o retraso do "Florida Beachfitness"

Se os problemas mediambientais arranxanse toda a familia poderá acercarse para disfrutar da diversidade de actividades que se ofrecen; artes marciais, funk, hip hop, ritmos latinos, entrenamento con pesas e as ximnasias máis doces, da man de nove especialistas do fitness españois e portugueses.

Body Combat, Body Pump, Body Balance, Body Jam, Body Step, RPM, etc. son só algúns dos sistemas deportivos que levaranse a cabo, xunto con Body Attack, unha novidade, aún descoñecida no noso país, cunha forte implicación física de pernas e abdome. A partir de setembro comezará a espallarse por toda a nosa xeografía. Todas as clases impartiranse cunha duración dunha hora.

A organización do evento, Florida Gym, prevé que o número de participantes aumente este ano xa que na pasada edición o "Florida beachfitness" celebrouse no mes de setembro, espérase que as condicións metereolóxicas este sábado sexan mellores. A entrada é completamente gratuíta. Todos os participantes teñen regalos asegurados e poden participar en distintos sorteos durante toda a xornada. As bebidas tamén serán gratuítas durante todo o día.


Descargar todas as imaxes