Escoitar

O Titirirrúa queda suspendido polo fume e as cinzas

mércores, 9 ago 2006
Debido ao incremento de partículas en suspensión no aire con motivo dos incendios forestais e ante as recomendacións do Concello de que os nenos e as persoas maiores deben evitar a exposición prolongada aos ambientes exteriores, o Concello de Vigo decidiu suspender o espectáculo de títeres para nenos "Titirirrúa", que se viña desenvolvendo na praza da Estrela. A suspensión afectará ás sesións previstas para o mércores, o xoves e o venres, día en que debería rematar a actividade.

O Concello pide desculpas polas molestias que isto poida ocasionar.