Escoitar

A petanca, unha cita obridada dos veráns en Vigo

O campo de fútbol de San Miguel en Cabo Estai acollerá os días 12 e 13 de agosto dous actividades de petanca, a "Gran Festa" e o "V Torneo de Petanca Cidade de Vigo". Ó evento poden achegarse todos aqueles que queran disfrurar duns días do deporte tradicional.

venres, 11 ago 2006
1155294753buena.jpg
Lucía Molares e Atilano Portero
A concelleira de Deportes, Lucía Molares, xunto ó organizador de torneos de petanca, Atilano Portero, presentaron a "Gran Festa" e o "V Torneo de Petanca Cidade de Vigo", que se celebrará nas instalacións do campo deportivo de San Miguel en Cabo Estai, os días 12 e 13. Na última xornada desputaranse as semifinais e a final do campeonato, rematando ás 13.30 horas.

O torneo pretende conxugar a deportistas da máis alta categoría con afeccionados do ámbito popular. Crearase un clima de solidaridade e unión nun ambiente ó que se poden acercar familias, asociacións culturais, clubes, federacións, etc.

Na "Gran Festa" participarán case 200 personas en 70 equipos, moitos están formados por tres xeracións dunha mesma familia. Todos os que acudan disfrutarán de regalos e premios. Mentres, no "V Torneo de Petanca Cidade de Vigo", os equipos que participan pertencen á categoría superior do deporte, e só poderán acudir á cita aqueles que estean invitados.

Este ano preséntase unha novidade en relación ó modelo de xogo das edicións anteriores, xa que cambiase o sistema de liga co que participabase, onde pretendíase que os xogadores fixesen o maior número de partidos posibles, agora xogarase a partir do sistema suizo, no que estableceranse grupos de equipos de catro.

Segundo Atilano Portero o Concello de Vigo fíxolle moito máis fácil a posta en marcha do proxecto, e agradeceulle á concelleira de Deportes, Lucía Molares, a súa colaboración.
Descargar todas as imaxes