Noticias Axenda

Montes, Parques e Xardíns

  • Montes, Parques e Xardíns

O goberno de Vigo creará un "macro parque infantil" en Venezuela de mil metros cadrados

venres, 18 ago 2017

Tras aprobar este venres o expediente de contratación das obras, Caballero explicou que o investimento ascenderá aos 767.000 para crear un "marco parque infantil" totalmente renovado e ampliado, gañando o espazo dun dos actuais carrís de circulación e habilitando pasos de peóns amplos en Venezuela, similares aos da Porta do Sol.

  • Montes, Parques e Xardíns

O Concello promove unha fin de semana chea de actividades infantís no Parque de Castrelos

mércores, 21 xuñ 2017

O alcalde convidou este mércores a todas as familias a achegarse ao Parque de Castrelos esta fin de semana, onde terá lugar "A Festa das Nenas e dos Nenos", en horario de mañá e tarde e entrada de balde, con xogos, obradoiros, inchables, actividades deportivas e de baile, e unha tirolina que cruzará o río Lagares.

1490103589arbol1.jpg
  • Montes, Parques e Xardíns

O Concello celebra o Día da Árbore cunha plantación simbólica na Avenida de Castelao

martes, 21 mar 2017

O alcalde destacou a importancia de promover a conciencia medioambiental entre os escolares polo que o Concello celebrou esta mañá o día da Árbore cunha plantación na Avenida de Castelao que contou coa presenza de alumnos do Frián Teis. O lema deste ano é "Os bosques e a enerxía".

  • Montes, Parques e Xardíns

O TSXG avala a actuación do Concello na adxudicación do contrato de zonas verdes

martes, 21 mar 2017

A mesa de contratación do Concello excluíra do proceso de licitación e contratación ás empresas Valoriza e Cespa, que recorreran a decisión ante o Tribunal Central de Recursos Contractuais. Agora, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia estima correcta a decisión municipal de adxudicalo a Althenia.

  • Montes, Parques e Xardíns

O LIII Concurso Internacional da Camelia reúne en Vigo a 34 expositores

venres, 17 mar 2017

O alcalde convidou a toda a cidade a visitar a mostra, que se exhibirá desde o sábado e ata o luns no Auditorio Mar de Vigo, porque poderán ver "as camelias máis fermosas do mundo".

  • Montes, Parques e Xardíns

O 53 Concurso Internacional da Camelia de Vigo ten aberto o prazo de inscrición

xoves, 2 mar 2017

O Concurso-Exposición celébrase os días 18, 19 e 20 de marzo no Auditorio Mar de Vigo e outorgará premios ao conxunto de variedades e á flor individual máis destacada de todas. O prazo de inscrición remata mañá venres 3 de marzo.

1483970370bancos2.jpg
  • Montes, Parques e Xardíns

O goberno de Vigo instala 38 bancos novos na peonil do Calvario

luns, 9 xan 2017

O alcalde presenciou este luns os traballos que se están realizando para substituír os asentos deteriorados no barrio por outros novos de cor vermella, que forman parte dunha remesa de 250 acabada de adquirir por valor de 75.000 euros.

1481550173valoriza.jpg
  • Montes, Parques e Xardíns

O alcalde destaca que Vigo é un modelo de cidade no tratamento das zonas verdes

luns, 12 dec 2016

Abel Caballero reuniuse este luns con responsables de Valoriza, a empresa que desde este venres será a encargada do mantemento dos parques e xardíns da cidade e transmitiulles a "importancia" do seu traballo porque será un "espello para toda España".

1477054999DINOSETITO.jpg
  • Montes, Parques e Xardíns

Unha votación popular na páxina web municipal decidirá o nome de dinosetiño

venres, 21 out 2016

O Concello habilitará unha pestana na páxina web municipal para que os cidadáns suxiran nomes para o recén nacido dinosetiño. Na presentación desta estatua vexetal, Caballero avanzou que o ConseRvatorio Profesional de Música e a parroquia de Beade contarán con dous novos dinosetos, que se sumarán ao de Navia e aos de Porta do Sol.

1475760474olivo.jpg
  • Montes, Parques e Xardíns

O Concello planta unha oliveira bicentenaria na Concatedral onde estaba a que deu nome á cidade

xoves, 6 out 2016

A oliveira bicentenaria sitúase na Praza da Igrexa onde, segundo a lenda, os templarios plantaron a orixinaria da que derivou o nome de "cidade olívica". O rexedor adiantou que seguirá enchendo a cidade con estas árbores emblemáticas.

  • ‹
  • 1
  • 2
  • ...
  • 12
  • 13
  • 14
  • 15
  • 16
  • 17
  • 18
  • ...
  • 32
  • 33
  • ›

Categorías

Administración electrónica

Alcaldía

Alta velocidade

Anuncios e Bandos

Área Metropolitana

Axenda urbana

Benestar Social

Comercio

Cooperación Internacional

Corporación municipal

Covid-19

Cultura

Declaración institucional

Deportes

Desenvolvemento Local e Emprego

Economía e Facenda

Educación

Eixo Atlántico

Eleccións

Electromecánicos

Festas e Animación Sociocultural

Festas especiais

Igualdade

Infraestructuras

Limpeza

Medio Ambiente

Montes, Parques e Xardíns

Muller

Nadal

Normalización Lingüística

Novos Proxectos

Participación Cidadá

Patrimonio Histórico

Persoal

Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia

Plan Estratéxico

Pleno da Corporación

Prensa

Sanidade e Consumo

Seguridade

Seguridade, tráfico e transporte

Servizos

Telecomunicacións

Tenente de Alcalde

Tráfico e transporte

Transportes

Turismo

Turismo e Comercio

Urbanismo

Varios

Vías e Obras

Vigo Vertical

Voluntariado

Xunta de Goberno Local

Xuventude

© Gabinete de Prensa do Concello de Vigo

Praza do Rei nº 1. 36202 Vigo
Tel: 986 810 228
Fax: 986 810 192