mércores, 24 ago 2016
O alcalde informou este mércores do inicio de varios expedientes polos traballos non executados por parte da concesionaria do mantemento das zonas verdes da cidade, que se valoran en 100.000 euros que deixarán de aboarse á empresa. Ademais o Concello estuda a rescisión do contrato no caso de que continúen as deficiencias na prestación do servizo, que xa se retomou con outras empresas nas zonas de novas humanizacións.
luns, 25 abr 2016
Técnicos municipais decretaron o peche do Xardín francés de Castrelos durante a mañá de hoxe martes para proceder á realización dos tratamentos sobre as follas e as ramiñas do Buxus spervirens. O obxectivo é mitigar os danos producidos polo fungo Cylindroclaium buxícola. O Xardín permanecerá pechado entre as 08,00 e as 11,00 h, e as limitacións de acceso ao público ampliaranse ata ás 14,00 h.
luns, 21 mar 2016
Con motivo da conmemoración do Día Internacional dos bosques, segundo a ONU, o alcalde de Vigo participou esta mañá nun "abrazo" colectivo ao centenario olivo do Paseo de Alfonso XII, como símbolo da acción municipal e favor da natureza. No acto participaron varios concelleiros do goberno local e representantes de diversos colectivos representativos da cidade.
venres, 27 nov 2015
As rúas de Vigo locen dende hoxe as máis de dous millóns e medio de lámpadas e os 2.030 motivos e arcos que conforman o alumeado das festas do Nadal. O alcalde e parte da Corporación Municipal presidiu na grande árbore que o Concello instalou na Portal do Sol o acto de acendido da iluminación que este ano se amplía a novas rúas e que se reforza nas parroquias e en varias zonas do centro da cidade. Ata o 6 de xaneiro, o alumeado do Nadal permanecerá prendido entre as 18:00 horas da tarde e a 01:00 da madrugada con ampliación de horario ata as 08:00 da mañá os días máis significativos das festas: o 24, 25 e 31 de decembro e o 1, 5 e 6 de xaneiro. Abel Caballero dixo que Vigo conta "coa árbore de luces máis grande de Europa" e desexou boas festas a toda a cidadanía. <br />
mércores, 18 nov 2015
O goberno de Vigo xa está a plantar máis de 120.000 exemplares nas distintas rúas e prazas da cidade para a reposición da flor de inverno, segundo informou este mércores o alcalde, Abel Caballero. <br />
luns, 26 out 2015
Abel Caballero inaugurou onte domingo o primeiro ascensor urbano de Vigo, que une Menéndez Pelayo e Camelias en menos dun minuto. Acompañado da presidenta da Deputación, Carmela Silva e os concelleiros David Regades e Jaime Aneiros, o alcalde comprobou que o elevador ten capacidade para 25 persoas e salva un desnivel de 20 metros.
luns, 26 out 2015
Abel Caballero deulle a benvida á Vigo ao novo dinoseto da cidade, instalado no parque das enerxías renovables de Navia. O xa bautizado como "Rinoseto" é o segundo dunha lista de esculturas vexetais que van instalarse no centro e nas parroquias de Vigo e que permitirán crear unha "ruta xurásica".
luns, 19 out 2015
O alcalde pasou revisión este luns aos traballos de construción dun parque biosaudable en Alcabre, un dos 17 novos espazos para maiores nos que está a traballar actualmente o goberno de Vigo cun orzamento de 120.000 euros. Segundo indicou Caballero, Vigo contará cun total de 63 parques biosaudables cando hai oito anos só había un na cidade
mércores, 14 out 2015
Abel Caballero visitou esta mañá o parque infantil da Praza da Independencia logo das obras de remodelación nas que o Concello investiu 40.000 euros e que supuxeron a ampliación do espazo dispoñible e a incorporación de elementos xunto coa reforma dos xa existentes. O rexedor informou da construción dos novos parques infantís de Teixugueiras e dos Capuchinos e adiantou que se reformarán os de Venezuela e da Praza Elíptica para continuar coa construción destes espazos que son unha "demanda" da sociedade viguesa.
luns, 7 set 2015
O alcalde de Vigo informou este luns da aprobación do plan de seguridade e saúde para a instalación de elementos biosaudables en distintos espazos da cidade. Caballero explicou que estarán dispoñibles nun total de 18 dos coñecidos como parques para maiores da cidade.