Escoitar

Vigo contará con 17 novos parques biosaudables cos que elevará a 63 o total na cidade

O alcalde pasou revisión este luns aos traballos de construción dun parque biosaudable en Alcabre, un dos 17 novos espazos para maiores nos que está a traballar actualmente o goberno de Vigo cun orzamento de 120.000 euros. Segundo indicou Caballero, Vigo contará cun total de 63 parques biosaudables cando hai oito anos só había un na cidade

luns, 19 out 2015
1445257182biosaudable.JPG
Abel Caballero amosouse este luns "satisfeito" pola construción de 17 novos parques biosaudables na cidade, acción na que o Concello está a investir 120.000 euros. O alcalde adiantou que o número destes espazos na cidade subirá ata os 63 e recordou que, á súa chegada á Alcaldía, só había un biosaudable en Vigo.

O rexedor avanzou que os novos biosaudables estarán emprazados en Alcabre, Navia, dous en Coia e outros dous en Balaídos, na Praza da Independencia, en Pizarro, Beade, Sárdoma, Coruxo, na Travesía de Vigo, dous en Teis, na Alameda Andrés Gaos, no polideportivo do Berbés e en Cabral Becerreira. Caballero concluíu que "xa non hai unha soa zona en Vigo" sen parque biosaudable.
Descargar todas as imaxes