Abel Caballero abordará o impulso da Área Metropolitana cos alcaldes o xoves 22
Co fin de intercambiar impresións sobre o desenvolvemento da Área Metropolitana de Vigo e demandar celeridade na constitución da mesma á Xunta de Galicia, o alcalde convoca aos rexedores a unha xuntanza que se celebrará o próximo xoves 22 de outubro na cidade olívica. Segundo explicou o rexedor, xa hai 12 concellos que confirmaron a súa asistencia mentres continúa a rolda de chamadas para convocar aos restantes.
Abel Caballero expresou este venres pola mañá a súa preocupación pola lentitude coa que se desenvolve o proceso de constitución da Área Metropolitana de Vigo. Por iso, explicou, "estamos convocando unha reunión con alcaldes e alcaldesas da Área para o próximo xoves" co fin de intercambiar opinións e impulsar o proxecto amais de pedir ao presidente Feijóo que tome en consideración as demandas deste territorio.
Ao encontro, que se celebrará en Vigo, xa confirmaron a súa presenza os rexedores de Nigrán, Porriño, Fornelos de Montes, Gondomar, Moaña, Salceda de Caselas, Cangas, Tomiño, Tui, A Guarda, Mondariz e Vilaboa. Con todo, a rolda de chamadas continúa para convocar ao resto de alcaldes co fin de impulsar o proxecto de Área Metropolitana co que concordan o " 80 % da poboación da área de 14 concellos e o 85% da poboación da área de 20 municipios" que, segundo explicou o Abel Caballero, é unha proposta que conta co respaldo dos seus alcaldes.