Escoitar

O goberno local investiu 2,6 millóns nas expropiacións dos terreos da Cidade da Xustiza

Na Xerencia de Urbanismo desta mañá deuse conta da resolución do proxecto de expropiación dos terreos para construir a Cidade da Xustiza, nos que o goberno local investiu 2,6 millóns de euros. O Concello ven de notificar aos afectados que a data de pago e de ocupación das propiedades será o 23 de outubro.

venres, 16 out 2015
O alcalde de Vigo avanzou esta mañá que o próximo 23 de outubro o Concello aboará 2,6 millóns aos afectados polas expropiacións dos terreos da Cidade da Xustiza. Na Xerencia de Urbanismo desta mañá deuse conta da resolución do proxecto de expropiación conxunta dun ámbito no que existen 7 edificacións que afectan a 14 vivendas. Inmediatamente despois, cederánse os terreos á Xunta -cunha extensión de preto de 6.600 m2- para que inicien as obras de construción das novas dependencias xudiciais.

Entre as parcelas afectadas, existe unha de titularidade municipal de 1,490 m2, mentres que resto foi expropiado polo Concello a través de un expediente de taxación conxunta, o que supón un valor total duns 5 millóns de euros. Recoñécense os dereitos indemnizatorios a 8 familias que, non sendo propietarias, ou ben son inquilinos ou ben teñen recoñecido algún dereito. Ademais, afecta a 4 familias que son propietarias e residen nas vivendas afectadas.

O alcalde explicou que será o día 23 de outubro algún dos propietarios non se persona ou non entregan as chaves da súa vivenda, procederáse a depositar os importes na Caixa Xeral de Depósitos. A partir dese momento, o Concello comprobará que as propiedades están vacías e cederá as parcelas en dez ou quince días. A partir deste momento, dixo, xa é ineludible que a Xunta inclúa nos orzamentos unha partida non menos de 10 millóns de para o ano 2016, mentres que no 2017 serán precisos outros 5 millóns.