martes, 13 out 2015
A Xerencia de Urbanismo dará luz verde este xoves á contratación da redacción do proxecto de urbanización da marxe dereita da Avenida de Europa, dende o cruce de Tomás Paredes ata a Avenida de Samil, que terá un custo de 125.000 euros. Para o alcalde a urbanización desa vía "será un dos grandes desenvolvementos de Vigo", que está incluído no Plan Xeral de Ordenación Municipal e que figura nos orzamentos para o ano 2016, cando se iniciará o proceso de expropiación que se vai negociar cos propietarios dos terreos.
martes, 13 out 2015
Cunha traxectoria de dúas décadas, e organizado polas secretarías da Muller de UGT e CCOO coa colaboración do goberno local, o Encontro celébrase este xoves e venres no Hotel Coia baixo o lema "Mulleres empoderadas para unha sociedade máis igualitaria". Coa cita procúrase fomentar políticas de igualdade para avanzar a prol da igualdade real.