mércores, 14 outubro 2015

A UNED aproba os oito novos grados solicitados polo Concello para a sede de Vigo

Segundo informou este mércores Abel Caballero, a dirección da Universidade Nacional de Educación a Distancia aprobou onte a impartición en Vigo dos grados de Estudos Ingleses, Administración e Dirección de Empresas, Ciencias Ambientais, Psicoloxía, Ciencia Política e da Administración, Pedagoxía, Xeografía e Historia, e Historia da Arte. Sumaranse aos cinco que xa se ensinan na cidade.

O Concello construirá dous novos parques infantís e remodelará os de Venezuela e a Praza Elíptica

mércores, 14 out 2015

Abel Caballero visitou esta mañá o parque infantil da Praza da Independencia logo das obras de remodelación nas que o Concello investiu 40.000 euros e que supuxeron a ampliación do espazo dispoñible e a incorporación de elementos xunto coa reforma dos xa existentes. O rexedor informou da construción dos novos parques infantís de Teixugueiras e dos Capuchinos e adiantou que se reformarán os de Venezuela e da Praza Elíptica para continuar coa construción destes espazos que son unha "demanda" da sociedade viguesa.