O Concello achega 45.000 euros ás tres centrais sindicais para cooperar coas súas actividades
Abel Caballero asinou esta mañá de mércores tres convenios de 15.000 euros cada un coas centrais sindicais de CCOO, UXT e CIG para colaborar no finanzamento das súas actividades. Durante o encontro, o rexedor reiteróulles o apoio do Concello nas reclamacións polo "copago á sanidade" que supón o aparcadorio privado do novo hospital.