xoves, 22 outubro 2015

Caballero constata que o 80% da poboación defende a proporcionalidade do voto na Área Metropolitana

Abel Caballero mantivo esta mañá un encontro con 18 alcaldes da área -14 que forman parte do ente supramunicipal e 5 aspirantes- no que constatou o acordo do 80% do territorio -en termos poboacionais- de defender a proporcionalidade do voto no goberno da área. Na súa opinión, a maioría dos rexedores avogan por retomar o consenso do proxecto que levaron ao Parlamento os gobernos de Manuel Fraga e Alberto Núñez Feijóo e que foi aprobado anteriormente en todos os concellos. <br />

Mural colectivo en Vigo contra a pobreza e as desigualdades

xoves, 22 out 2015

Impórtanos, a Coordinadora Galega de ONGD e a Rede Social Galicia Sur (RSGS) organizan en Vigo a Semana de loita contra a pobreza e as desigualdades no marco da campaña Pobreza Cero convocando á cidadanía o venres, día 23, a decorar de forma conxunta, co apoio do proxecto Til Diacrítico, o muro xunto ao Centro de Inclusión de Vigo, na rúa Marqués de Valterra dende as 16:30. Para pechar o acto, ás 19:30 horas, terá lugar a concentración e a lectura do manifesto.<br />