Escoitar

Mural colectivo en Vigo contra a pobreza e as desigualdades

Impórtanos, a Coordinadora Galega de ONGD e a Rede Social Galicia Sur (RSGS) organizan en Vigo a Semana de loita contra a pobreza e as desigualdades no marco da campaña Pobreza Cero convocando á cidadanía o venres, día 23, a decorar de forma conxunta, co apoio do proxecto Til Diacrítico, o muro xunto ao Centro de Inclusión de Vigo, na rúa Marqués de Valterra dende as 16:30. Para pechar o acto, ás 19:30 horas, terá lugar a concentración e a lectura do manifesto.<br />

xoves, 22 out 2015
1445517378marquesdevalterra.jpg
Impórtanos! é unha campaña de sensibilización promovida polo "Consello Municipal de Cooperación Internacional e Solidariedade", órgano colexiado permanente de participación e punto de encontro entre o Concello de Vigo e as persoas e asociacións sen ánimo de lucro que traballan no ámbito da cooperación internacional e a solidariedade entre os pobos, dependente da Concellería de Políticas de Benestar.

A campaña ten como obxectivo promover a reflexión acerca das relacións de interdependencia Norte-Sur e o paradigma de cidadanía global. Pretende a implicación da cidadanía para que, a través de actividades educativas, accións de mobilización social e das súas propias accións cotiás, exerzan impacto e deixen a súa PEGADA tanto no local como no global.

En definitiva, trátase de transmitir, contar ou ensinar que "actuar sobre a realidade e cambiala, aínda que sexa un pouquiño, é o único xeito de probar que a realidade é transformable" (Eduardo Galeano).
Descargar todas as imaxes