O alcalde salienta a "inmensa vocación social, de emprego e de investimento" das contas do Concello para 2016
Acompañado polo edil de Facenda, Jaime Aneiros, o alcalde de Vigo presentou este mércores os orzamentos do Concello para 2016, aprobados na Xunta de Goberno Local. Con 225,9 millóns, as contas crecen un 2,37% sobre o 2015, polo que Abel Caballero subliñou o "esforzo para seguir avanzando" na marcha da cidade "a velocidade de Fórmula 1" e "mantendo as mellores finanzas de ningún concello de España".