Escoitar

O Programa Municipal de Educación Viaria formou a preto de 9.000 alumnos en 2014

<br /> O alcalde de Vigo achegouse esta mañá ao colexio Santiago Apóstol onde alumnos de 4º da ESO participaban no Programa Municipal de Educación Vial impartido pola Policía Local. No ano 2014, foron preto de 9.000 vigueses os que recibiron formación en actitudes viais responsables.

martes, 20 out 2015
1445344944educacionvial.JPG
Alumnos de entre 15 e 16 anos do Colexio Santiago Apóstol recibiron esta mañá de martes a visita da Policía Local quen lles impartiu unha sesión formativa co obxectivo de fomentar actitudes viais responsables. Ese é o propósito do Programa Municipal de Educación Vial que no ano pasado achegouse e preto de 9.000 alumnos, repartidos en 215 colexios, centros de saúde, centros municipais de distrito, asociacións veciñais, escolas infantís, entre outros.

Este cursiño permite ao alumno coñecer e experimentar a influenza que teñen as distraccións, o alcol ou a velocidade nos accidentes de tráfico, tanto en condutores como en peóns.
Descargar todas as imaxes