Escoitar

O Concello conmemorará os oito séculos de vida da Igrexa de Castrelos en 2016

O alcalde de Vigo avanzou esta mañá que o Concello conmemorará o ano que vén os oito séculos da Igrexa de Castrelos. Así o anunciou logo de asinar un convenio de colaboración con Instituto de Estudios Vigueses co que se vai seguir cooperando nas tarefas de investigación e divulgación histórica

luns, 19 out 2015
1445257338iev.JPG
O Concello conmemorará o ano que vén os oitocentos anos de vida da Igrexa de Castrelos, en colaboración co Instituto de Estudios Vigueses. Así o anunciou hoxe luns logo de asinar un convenio de colaboración con esta entidade polo que recibirá 37.000 euros, ademais da cesión do local que ocupa en Cánovas del Castillo.

Caballero resaltou a importancia de poñer en valor o románico de Vigo, lembrando que xa se está a realizar o Plan Especial para a conservación do contorno de Castrelos. Para a organización desta efeméride, o Concello poráse en contacto co Obispado, avanzou o rexedor.
Descargar todas as imaxes