venres, 23 out 2015
Cayetano Rodríguez presentou este venres xunto con Daniel Diz, director artístico de Amigos da Ópera de Vigo, a programación do Outono Lírico que trae á cidade nos próximos meses 4 espectáculos que poderán gozarse no Teatro Sala de Concertos de Afundación e nos que haberá representación viguesa coa participación do Coro Gaos, o Coro da Universidade e a Orquestra Sinfónica 430. O programa ábrese este sábado día 24 coa ópera Curlew River de Benjamin Britten.
venres, 23 out 2015
A fin de semana do 14 e 15 de novembro a Agrupación Fotográfica Galega organiza a vixésima edición da Maratón Fotográfica Concello de Vigo. Neste certame, que conta con colaboración municipal, poderán participar todas as persoas maiores de 14 anos que formalicen a súa inscrición presencial ou telemáticamente.
venres, 23 out 2015
Moitas persoas achéganse nestas datas a cemiterios e camposantos para lembrar e honrar a aqueles que xa non están entre nós. Así, maniféstase a ancestral tradición que achega o mundo dos vivos e dos mortos unha vez apañadas as colleitas e co declinar da luz solar. Este sentir común recibe nomes diferentes en cada cultura: Samaín, Halloween, Defuntos, Santa Morte...
venres, 23 out 2015
A Concellaría de Normalización Lingüística propon un novo obradoiro de creación literaria "Aliteraclara". Obradoiro que se desenvolverá no Centro Municipal de Distrito do Casco Vello (rúa Oliva, 12) os vindeiros 9,12, 23 e 30 de novembro entre as 19.00 e 21.30 horas.
venres, 23 out 2015
Comunicámoslle a tódolos usuarios dos cemiterios municipais que, por mor da festividade de Tódolos Santos, os devanditos cemiterios permanecerán abertos ininterrompidamente dende as 9,00 ata as 18,30 horas, os días 30 e 31 de outubro e l e 2 de novembro.
venres, 23 out 2015
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da obra de mantemento do túnel de Beiramar, lado terra, a realizar pola empresa Ute Esycsa Etra, estará pechado ao tráfico o túnel, lado terra, da rúa BEIRAMAR, o domingo 25/10/2015 dende as 07:30 a 14:00.