A vixésima edición da Maratón Fotográfica Concello de Vigo celébrase o 14 e 15 de novembro
A fin de semana do 14 e 15 de novembro a Agrupación Fotográfica Galega organiza a vixésima edición da Maratón Fotográfica Concello de Vigo. Neste certame, que conta con colaboración municipal, poderán participar todas as persoas maiores de 14 anos que formalicen a súa inscrición presencial ou telemáticamente.
A Agrupación Fotográfica Galega organiza, coa colaboración da Concellería de Cultura, a vixésima edición da Maratón Fotográfica "Concello de Vigo" que terá lugar na fin de semana do 14 e 15 de novembro. Poderán participar todas aquelas persoas maiores de catorce anos que formalicen a súa inscrición o día da maratón (sábado 14) no Dinamo Coworking (r/ Ecuador, 14), entre as 18,00 e 18,45 h. Tamén se poderá facer unha preinscrición, vía correo electrónico, no enderezo " info@agrupacionfotograficagalega.com" . Os/as participantes deberán aboar a cantidade de 10 euros, en concepto de inscrición.
Poderase participar en categoría analóxica ou dixital (só nunha delas), e concederanse tres premios á serie fotográfica dotados con 1.000 €, 500 € e 300 €, respectivamente. Os/as participantes deberán entregar as fotos na sede da AFG (r/ Uruguai, 17), entre as 19,00 h e as 20,00 h do domingo 15 de novembro.