luns, 16 mar 2015
A Xunta de Goberno Local, tal e como informou este luns Abel Caballero, vén de aprobar o plan de seguridade e saúde da remodelación do parque infantil de Castrelos, un dos últimos trámites administrativos previos ao inicio da obra. Ademais o goberno local acordou o inicio das humanizacións de Manuel Núñez e da rúa Robleda.
venres, 13 mar 2015
O alcalde vigués solicitara ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a creación en Vigo dun bosque, toda vez que o goberno autonómico comezou a prantar un en Santiago de Compostela por valor de 300.000 euros. O alcalde ofreceu este venres á Xunta 34 espazos da cidade onde poder prantar ata 17.225 árbores, despois de que Núñez Feijóo afirmase que investiría nun bosque en Vigo se ten os terreos para facelo.
luns, 2 feb 2015
A Xunta de Goberno Local adxudicou definitivamente as obras de remodelación do Parque de Castrelos, cun importe de 390.000 euros e un prazo de execución de 4 meses. Tamén se aprobou o último trámite administrativo para acometer a reforma da cuberta do pavillón de Teis.
luns, 12 xan 2015
O Concello de Vigo decidiu conservar o axardinamento instalado no centro da cidade por mor do Nadal. Abel Caballero explicou este luns que permanecen as zonas verdes da farola de Urzáiz, das inmediacións do MARCO e da Portal do Sol, onde haberá olivos no lugar dos abetos. Parte do alumeado seguirá instalado ata o Entroido.
martes, 30 dec 2014
Abel Caballero visitou este martes os traballos de mantemento que anualmente realiza o goberno local no olivo do Paseo de Alfonso, duns 200 anos de antigüidade. Tras os exemplares dispostos coas distintas humanizacións, o alcalde asegurou que a cidade ten hoxe máis olivos que nunca antes ao longo da súa historia.
mércores, 29 out 2014
O Concello arrancará antes de que remate o ano os traballos de remodelación dos parques de Castrelos e Torrecedeira. O investimento será de 390.000 euros e 47.000 euros, respectivamente, e as obras se prolongarán durante dous meses.
venres, 14 mar 2014
O Concello de Vigo organiza o 50 Concurso Exposición Internacional da Camelia, que terá lugar os días 15,16 e 17 de marzo nas instalacións do Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo. A esta exposición-concurso preséntanse flores pertencentes a calquera especie e variedade da camelia así como calquera híbrido destas.<br />
mércores, 12 mar 2014
O 50 Concurso Expoosición Internacional da Camelia de Vigo contará con 47 participantes que exhibirán os seus exemplares no Auditorio Mar de Vigo os próximos 15, 16 e 17 de marzo. Este ano, como novidade, prantarase unha nova variedade desta flor na avenida viguesa que leva o nome e que o Concello ven de rexistrar baixo a denominación de "camelia olívica".
venres, 27 dec 2013
O alcalde visitou hoxe venres este parque, sito entre Torrecedeira e Pi y Margall, que ven de ser reformado recentement polo Concello de Vigo. O goberno local puxo en funcionamento dúas fontes que levaban "anos e anos" sen funcionar, sumou iluminación e limpou e rehabilitaou as esculturas do recinto, entre outras actuacións.
xoves, 28 nov 2013
Abel Caballero presenciou hoxe xoves algúns dos traballos de mantemento que técnicos municipais realizan periódicamente no olivo centenario de Bouzas para velar polo seu bo estado de saúde. Aproveitou a súa visita ao barrio para revisar, asimesmo, as obras que se están a acometer na praza no Paseo Paz Andrade.