Escoitar

Técnicos municipais ratifican o bo estado de saúde do olivo centenario de Bouzas

Abel Caballero presenciou hoxe xoves algúns dos traballos de mantemento que técnicos municipais realizan periódicamente no olivo centenario de Bouzas para velar polo seu bo estado de saúde. Aproveitou a súa visita ao barrio para revisar, asimesmo, as obras que se están a acometer na praza no Paseo Paz Andrade.

xoves, 28 nov 2013
1385642510bouzas.JPG
Abel Caballero e o concelleiro de Parques e Xardíns, Angel Rivas, achegáronse esta mañá a Bouzas para, entre outros asuntos, presenciar un dos tratamentos que técnicos municipais aplican periódicamente no olivo centenario da parroquia. O rexedor ratificou o bo estado de conservación da árbore cunha idade similar ao olivo do Paseo de Alfonso, entre 150 e 190 anos.

A continuación, o rexedor revisou o avance dos traballos de restauración da praza no Paso Paz Andrade, acompañado do concelleiro de Fomento, David Regades. Cun orzamento de 300.000 euros, prevé actuacións como a reparación do pavimento de pizarra e a incoporación de formigón en sustitución da terra, a recuperación de 400 metros de praia, a recuperación de farolas co estilo da zona, a creación de 400 metros de zonas verdes ademais do mantemento da escultura.

Tamén se referiu o alcalde humanización que xa está en marcha de Tomás Alonso, entre a alameda Suárez Llanos e a rúa Camilo Veiga. Cun importe de 1,6 millóns e un prazo de execución de 6 meses, acometeránse traballos de mellora en 350 metros liniais e nunha superficie de 4.500 m2. Ademais, renovaránse canalizacións, colocaránse case medio centenar árbores e xardiñeiras, mantendo todas as prazas de aparcamento.

Por último, referiuse á humanización de Ferreiros, na súa primeira fase. Con case 170.000 euros e durante 2 meses, cambiarase a pavimentación da calzada, incorporaránse beirarrúas, que non tiña, renovaránse redes de saneamento e abastecemento, ademais de instalar luminarias e papeleiras.

Caballero resaltou a importancia deste investimento por riba dos 2 millóns de euros, o maior que se fixo nos últimos 50 anos de historia nesta zona da cidade.
Descargar todas as imaxes