Escoitar

Caballero traslada a "inmensa satisfacción" da cidade polo centenario do Rápido de Bouzas

O alcalde participou este xoves na presentación en El Corte Inglés do centenario do club, "cen anos de deporte, de paixón, de calidade e de convivencia" que Caballero quixo "felicitar" no nome da cidade. Salientou ademais o traballo do Rápido cos máis pequenos, desde as categorías inferiores ata o primeiro equipo.

xoves, 28 nov 2013
1385641593corte.JPG
Durante a súa intervención, Abel Caballero afirmou que é unha "inmensa satisfacción para esta cidade" o centenario do Rápido de Bouzas, unha "gran ocasión" para Vigo a conmemoración de "cen anos de deporte, de paixón, de calidade e de convivencia".

O alcalde tivo palabras para os anteriores presidentes do club e salientou o traballo do Rápido nas categorías inferiores, onde os nenos "fan equipo": "Vigo é un gran equipo que quere felicitar ao Rápido de Bouzas polos seus cen anos". Caballero tamén agradeceu "infinito" aos patrocinadores "que continúen coa laboura de esponsorización, porque os tempos son moi duros".

Para conmemorar o seu centenario, o club ten organizado diversas actividades durante toda a tempada 2013-2014, como triangulares, un ciclo de conferencias, trofeos Centenario e Clausura contra un equipo de primeira ou segunda división, un torneo adicado ao fútbol base, un libro e a camiseta do centenario.
Descargar todas as imaxes