luns, 25 nov 2013
Perante o Pleno celebrado hoxe luns, Ana Pérez, en representación do Consello Municipal da Muller e por acordo deste, deu lectura a unha declaración institucional polo 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
luns, 25 nov 2013
O grupo municipal socialista presentou e aprobou, xunto ao BNG, unha moción na que insta ao goberno autonómico a deixar sen efecto o "desmantelamento" do 065 de transporte para persoas con problemas de mobilidade. O texto denuncia que o servizo deixaría de ser regular para converterse en puntual e introduciría o copagamento.
luns, 25 nov 2013
Os votos de nacionalistas e socialistas aprobaron unha moción que reclama ao FROB paralizar a decisión de vender Novagalicia Banco por ser unha entidade financeira sistémica para Galicia. Así o acordaron durante a sesión plenaria desta mañá no debate dun texto nacionalista, que contou co voto contrario do PP, que tamén pide oporse ante o Goberno Central a calquera tentativa de venda a outra entidade que supoña a perda do seu vencello territorial con Galicia.
luns, 25 nov 2013
Todos os grupos coincidiron ao valorar a necesidade de renovar a ordenanza reguladora do servizo de autotaxis para a cidade de Vigo. O grupo socialista aceptou esta moción porque vai na liña na que xa está a traballar o Goberno local.
luns, 25 nov 2013
Este luns, o Pleno aprobou por unanimidade unha declaración institucional de apoio aos traballadores e traballadoras de Freiremar, ofrecendo o respaldo do Concello dentro das súas competencias e reclamando á Xunta de Galicia a adopción de medidas para garantir o mantemento da planta e dos postos de traballo.
luns, 25 nov 2013
O Centro de Documentación e Recursos Feministas acolle o ciclo de charlas "Historias vividas... e contadas polas súas protagonistas" e que o martes, 26 de novembro ás 19:00 horas, entrevista a...MARGARITA VIÑAS por parte de Lola Gándara, escritora.<br />
<br />
<br />
<br />