Escoitar

ENLAZAVIGO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O luns, a cidade reedita o tapiz humano realizado o ano pasado coa participación de alumnado dos colexios de Vigo, co Co gallo do vindeiro 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O Consello Municipal da Muller e a Concellería de Igualdade organizan a iniciativa Enlaza Vigo, para reflectir o compromiso real do conxunto da cidadanía no combate do terrorismo machista.

venres, 22 nov 2013
1385117163tapiz.jpg
Tapiz ano 2012
Ás 12 horas dará comezo a formación de tapiz humano, pero desde as 10:30 horas iniciarase a xornada coa chegada dos participantes e distintos actos de animación, como malabares, parkour, breakdanc ou baile moderno. Ledicia Costas e Nuria Carballido condicirán o acto, que precisará do peche ao tráfico do centro da cidade.

Desde o ano 2003, ano no que se comezan a realizar oficialmente estatísticas sobre a Violencia de xénero, ata o día de hoxe, máis de 702 mulleres foron asasinadas, só en España, a mans das súas parellas ou exparellas (fonte: Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade).

Peche de rúas ao tráfico
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor da CELEBRACIÓN DO ACTO ENLAZA VIGO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, estarán pechadas ao tráfico as rúas seguintes: URZAÍZ (ENTRE CERVANTES E COLÓN), COLÓN (ENTRE URZAÍZ E POLICARPO SANZ), PASEO ALFONSO XII (SENTIDO TEIS), ELDUAYEN (SENTIDO TEIS), POLICARPO SANZ (SENTIDO TEIS), con acceso exclusivo para garaxes e VITRASA, o LUNS 25/11/2013 dende as 10:30 até as 13:00 horas.
Descargar todas as imaxes