Escoitar

O mercadiño de Bouzas trasladarase definitivamente á estrada de Eduardo Cabello

Abel Caballero avanzou hoxe xoves unha nova ubicación para o mercadiño de Bouzas, como consecuencia das obras de humanización da praza situada ao lado da igrexa. Este traslado a esta zona "espléndida" será definitivo, dixo.

xoves, 21 nov 2013
A próxima fin de semana o mercadiño de Bouzas trasladaráse á estrada de Eduardo Cabello, en dous carrís que se van cortar ao tráfico desde a redonda do centro de Bouzas ata a da Zona Franca. Este cambio ven motivado polas obras de humanización que se están a acometer na praza ao lado da igrexa, e que está a acomter o Concello aínda que son competencia da Autoridade Portuaria. Este traslado será definitivo xa que se van a unha zona "espléndida" dixo o rexedor, ao tempo que precisou que o tráfico, "escaso" a esas horas será desviado polos outros dous carrís da estrada.