O alcalde urxe a Xunta a incluir nos orzamentos unha partida para a Cidade da Xustiza
Abel Caballero solicita á Xunta a presentar unha enmenda in voce aos orzamentos da Xunta para que a obra da Cidade da Xustiza poida licitarse no 2014. Durante a rolda de prensa, o rexedor ratificou que o Concello xa iniciou os trámites de enaxenación das vivendas e instou ao presidente galego a "cumprir con Vigo".
A Xerencia de Urbanismo xa iniciou o procedemento para a enaxenación das vivendas de República Arxentina que permitan pagar as expropiacións da Cidade da Xustiza. En rolda de prensa, o rexedor indicou que ata o de agora non foi posible prantexar este fórmula porque os pisos non estaban rexistrados, é dicir, non era propiedade municipal. Ao tempo que avanzaba este compromiso municipal, Caballero urxía á Xunta a inclusión nos orzamentos autonómicos unha partida de 10 milóns de euros porque senón non vai ser posible a licitación no 2014. Lembrou que Vigo vai ser o único concello que pague polo solo para construir esta infraestrutura porque no resto das cidades galegas as parcelas xa eran municipais. Recoñeceu "a coacción" da Xunta neste tema pero advertiu que non queremos deixen de facer a Cidade da Xustiza.
Durante a rolda de prensa, desechou a posibilidade de incluir o custo do solo nos orzamentos municipais porque tal e como obriga o teito de gasto, habería que detraer esta cantidade de partidas de gasto social. Mentres que a venta de pisos supón só cambio de situación patrimonial.