Escoitar

Ciclo Novas creadoras... Mesa de arte

No ciclo de charlas "Novas creadoras, novos valores", o mércores, 20 de novembro ás 19:00 horas, está programada unha mesa redonda sobre...ARTE, no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo. Modera e presenta Mar Caldas. As relatoras serán Paula Cabaleiro, Basilisa Fiestras, Gema López e EME.<br /> <br />

martes, 19 nov 2013
Mar Caldas
Mar Caldas preséntase como unha das artistas máis imaxinativas e activas da arte que se desenvolve en Galicia desde a década dos noventa. Na actualidade, o seu labor esténdese á docencia (é profesora da facultade de Belas Artes de Pontevedra) e ao comisariado, levando a cabo ou participando en interesantes proxectos que denotan o seu remarcado compromiso e tamén atendendo ás problemáticas da muller.

Paula Cabaleiro (Cangas de Morrazo, 1986)
Comisaria independente, xestora cultural e artista multidisciplinar. Licenciada en Belas Artes pola
Universidade de Vigo e Máster en Museoloxía, Crítica e Arte Contemporánea, foi codirectora da
galería A.dFuga, en Santiago de Compostela. Actualmente, directora do festival Miradas de Mujeres
2014 en Galicia e codirectora da feira de arte Cuarto Público en Santiago de Compostela (2013).
Forma parte do comité organizador e relatora no I Congreso de Género, Museos e Arte (Octubre.
2013), na Rede Museística de Lugo, en colaboración co MUSAC de León e MUBAM de Murcia.

Basilisa Fiestras (Pontevedra, 1985)
Artista mutidisciplinar. Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Vigo e Máster en Arte,
Museoloxía e critica contemporánea. Actualmente realiza a súa tese de doutoramento:
(DES)VESTIRSE-VESTIRSE-(RE)VESTIRSE. A indumentaria na práctica artística actual. Obtivo o Premio
de comisariado, Zona C 2010, co proxecto "Give Me Your Picture". Expuxo en diferentes mostras
como: "Novos Valores" Pontevedra, "Galicia Crea 2012", "XI Certame de Artes Plásticas da
Deputación de Ourense", "Arte no Morrazo", "Inside", "Camiños en Feminino", "Estamos (I) Somos
(+D) 2/ We Are (and) Weare (+of) 2", "Dressed", exposición pola fashion week, O Porto.

Gema López (Lugo, 1987)
Licenciada en Belas Artes e máster en Arte Contemporánea pola Universidade de Vigo. Compaxina
o seu traballo como artista coa docencia de debuxo e pintura no seu propio taller. No ano 2010
recibiu o Primeiro premio de pintura Universidade de Vigo. Expuxo en numerosos certames como o
"XIII Certame de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo", "Certame Galego de Creadores Novos Gzcrea",
"Certame Concello de Brión Novos Valores", "Concurso Nacional de Pintura Jaurena Art", "Premio
Internacional de Arte Gráfico Jesús Núñez", "Novos Valores" (Pontevedra). Participa en mesas
redondas e ofrece relatorios nas que analiza a imaxe da muller como obxecto artístico.

Eme (A Coruña, 1984)
Pintora, videoartista, escultora e deseñadora. Estuda e licénciase en Belas Artes pola
Universidade de Vigo e Madrid, onde empeza cun estilo ligado á arte urbana postgrafi e aos mundos
do skate e o surf. Traballa como deseñadora para marcas de moda internacionais e colabora con
Roxy, RVCA, Hakey, Slh Industries ou Nikita, entre outras. Expuxo en galerías estatais e institucións
e museos internacionais, destacando a exposicion colectiva "Grafika, 30 artistas da España xove"
comisariada por Contemporanea e o Instituto Cervantes que percorre Europa e oriente medio.
Actualmente compaxina a súa carreira de artista, coa de deseñadora para a empresa textil ZARA.