Escoitar

O rexedor solicita por terceira vez unha entrevista co presidente da Xunta para falar da Cidade da Xustiza

O alcalde de Vigo enviou a Alberto Núñez Feijóo unha carta na que lle traslada a nova proposta do Concello para construir a Cidade da Xustiza e na que lle solicita por terceira vez unha entrevista para falar de temas de cidade competencia da Xunta. Concretamente, Caballero adxunta un relatorio de asuntos importantes como o hospital, o aeroporto, as bolsas de comedor, entre outros moitos.

luns, 18 nov 2013
1384779705alcalde6.jpg
O hospital, as bolsas de comedor, o aeroporto, os plans de emprego, os viais, a biblioteca nodal son algúns dos temas dos que Abel Caballero quere falar co presidente da Xunta polo que hoxe lle enviou unha carta na que, por terceira vez, lle solicita unha entrevista. Tal e como explicou en rolda de prensa o rexedor, a primeira petición de encontro que formulou foi o 19 de setembro de 2011, unha solicitude que reiterou o 30 de novembro de 2012, e "seguimos sen contestación", puntualizou.

Dada a "importancia" dos temas a tratar, Caballero reitera a petición da entrevista porque son temas de exclusiva competencia da Xunta, uns temas entre os que se atopa a Cidade da Xustiza. Lembou que hai tres anos o Concello ofertou á administración autonómica a cesión gratuita dos terreos de propiedade pública e a posiblidade de adquirir o resto a custo cero. Respecto desta proposta, "non houbo resposta porque se gastou o diñeiro noutras cidades". En todo caso, puntualizou, Caballero avanzou que o Concello, aínda que non ten competencias, enaxenará vivendas municipais por 5 millóns de euros, un valor equivalente aos terreos que hai que expropiar. Inmediatamente, engadiu, poñeránse a disposición da Xunta polo que instou ao presidente a que inclúa nos orzamentos de 2014 unha partida de 10 millóns para poder construir a Cidade da Xustiza.
Descargar todas as imaxes