O Concello organiza o domingo unha concentración motera para concienciar sobre seguridade vial
A Concellería de Seguridade pon en marcha o domingo unha concetración motera que sairá de Samil ata a Praza do Rei, coincidindo coa día mundial de vítimas de accidente de tráfico. Xunto con esta iniciativa, o Concello tamén organizou hoxe venres un simulacro dun accidente real na rúa Torrecedeira. <br />
Con motivo da conmemoración, o terceiro domingo de novembro, do día mundial en memoria das vítimas de accidentes de tráfico, o Concello de Vigo organiza unha serie de actividades de concienciación cidadá. Esta mesma mañá, en colaboración con Stop Accidentes, a Concellería de Seguridade organizou un simulacro de accidente real no que participaron Policía Local, Bombeiros, 112, Protección Civil e un grupo de alumnos do IES Politécnico de Vigo. Outra das iniciativas municipais para concienciar sobre os perigos na circulación, é unha concentración motera que o domingo sairá as 11,00 horas do Verbum cara a Praza do Rei, percorrendo grande parte da cidade.
Tal e como explicou o concellerio de Seguridade, obxectivo desta conmemoración é lembrar aos que faleceron, apoiar aos que sofren incapacidade, apoiar aos familiares e concienciar a todas as administracións na seguridade vial. Nesta tarefa de concienciación, engadiu, o Concello traballa os 365 días ao ano. Na súa opinión, é fundamental desenvolver este tipo de campañas tendo en conta que cada ano 1,3 millós de persoas perden a vida nas estradas e 50 millóns padecen algunha incapacidade.
O edil fixo un chamamento aos vigueses asumindo, dixo, as mensaxes de Stop Accidentes: Todos podemos ser vítimas e todos somos parte da solución. A ONG estivo representada, entre outros pola delegada de Galicia, Jeanne Picard.
Descargar todas as imaxes