luns, 18 nov 2013
O Concello lanza a candidatura das Illas Cíes como Patrimonio da Humanidade e, o 1 de xaneiro de 2014, iniciará unha tramitación que requerirá da "mobilización absoluta de toda a cidade", en verbas do alcalde. Caballero confía en conseguir o nomeamento e define ás Cíes como un "enclave natural de valor universal sen igual en todo o planeta".
luns, 18 nov 2013
O alcalde de Vigo enviou a Alberto Núñez Feijóo unha carta na que lle traslada a nova proposta do Concello para construir a Cidade da Xustiza e na que lle solicita por terceira vez unha entrevista para falar de temas de cidade competencia da Xunta. Concretamente, Caballero adxunta un relatorio de asuntos importantes como o hospital, o aeroporto, as bolsas de comedor, entre outros moitos.
luns, 18 nov 2013
Ata o 30 de noviembre permanecerá aberta a exposición "Mulleres baixo sospeita.Memoria e sexualidade(1939 -1980)" que organiza a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo e Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo en colaboración do Departamento de Museos.<br />
<br />