mércores, 20 novembro 2013

Vigo reedita o gran tapiz humano para conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero

mércores, 20 nov 2013

O alcalde, a concelleira de Igualdade e integrantes do Consello Municipal da Muller presentaron este mércores os actos organizados para o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero. O próximo luns, a cidade volverá formar en Urzáiz o tapiz humano realizado o ano pasado coa participación de 2.000 alumnos dunha treitena de colexios de Vigo.

Esta oportunidade levará aos actores seleccionados a promocionar unha nova marca e empresa galega

A Escola Municipal de Teatro de Vigo colabora na realización dun casting para alumnos e exalumnos

mércores, 20 nov 2013

A Escola Municipal de Teatro (EMT), dependente do Concello de Vigo, colabora coa axencia galega Elemental Chefs na realización dun casting para alumnos e exalumnos, o vindeiro mércores día 20 de novembro de 2013, de 16:00 a 17:30 horas.Esta oportunidade levará aos actores seleccionados a promocionar unha nova marca e empresa galega

A Escola Municipal de Teatro presenta o programa "A telón quitao"

mércores, 20 nov 2013

O programa "A telón quitao" é un espazo aberto a creatividade no que os alumnos/as da Escola Municipal de Teatro de Vigo (EMT) mostran as súas propias creacións artísticas.Este mostra desenvolverase un venres de cada mes e a primeira cita para este curso escolar 2013-2014 será próximo venres, 22 de novembro no auditorio da Escola Superior de Arte Dramático (ESAD), sito na rúa Poza Cabalo, s/n , ás 18:30 horas. A entrada será libre ata completar o aforo.