O Concello respalda o proxecto de mellora ambiental do Lagares impulsado pola Escola Rosalía de Castro
Este martes, o alcalde mantivo unha reunión cos xerentes da Asociación Escola e acordaron levar adiante unha iniciativa para mellorar un área duns 800 metros de río nas proximidades do estadio de Balaídos. O Concello cooperará nesta actividade, na que participa toda a comunidade educativa da Escola Rosalía de Castro.
Segundo explicaron os responsables do centro, a intención fundamental desta proposta innovadora é mellorar o desenvolvemento do ecosistema fluvial coa participación de toda a comunidade escolar -alumnado, pais e profesores-, procurando ao tempo mellorar a concienciación medioambiental dos máis pequenos.
O proxecto consiste en botar bolas de arxila fermentadas con microorganismos efectivos (EM) que actuarán como dixestores dos lodos que poidan atoparse depositados no leito do río. Esta técnica, respectuosa co medio ambiente, está sendo amplamente utilizada en Xapón e no sudeste asiático e xa foi empregada en Galicia, no río Carboeiro.
Descargar todas as imaxes