Escoitar

O Concello humaniza a rúa Isabel II cunha pavimentación novidosa que inclúe a cor

Abel Caballero visitou hoxe xoves o inicio das obras de mellora da rúa Isabel II, unha zona en pleno centro de Vigo, que estába en condicións "lamentables". Esta humanización, que se prevé este rematada antes de fin de ano, incluirá como novidade unha pavimentación en cor, ademáis da renovación de toda a rede de saneamento e abastecemento.

xoves, 21 nov 2013
1385038914isabelII.JPG
As obras de mellora da rúa Isabel II, próxima ao teatro Fraga, xa comezaron cun proxecto que prevé renovar 75 metros de rúa e 350 metros de tuberías de saneamento e abstecemento. Trátase, dixo o rexedor logo da visita, dunha humanización dunha zona que estaba "en condicións lamentables" na que se va a aunar a estética con funcionalidade. A pavimentación vai ser de cor para "darlle vida á rúa". O remate destes traballos está previsto para antes de fin de ano.

Durante a rolda de prensa, o rexedor deu conta de 16 millóns de euros para humanizacións, con traballos que xa están en marcha na propia rúa Isabel II, Nicaragua, Menéndez Pelayo, Canceleiro (entre Areal e Rosalía), Aragón, Areal (entre Canceleiro e República Argentina), Camelias , Martínez Garrido , Boán , San Roque, Travesía dos Rosais (Teis), entorno da igrexa de Zamáns e Praza de Bouzas (Paseo Paz Andrade).

A esta "oleada" de humanizacións, hai que sumar outras previstas, Tomás Alonso (arranca o martes), Brasil (nova fase en 2014), Jenaro de la Fuente (final de ano), Ferreiros, Bouzas, Hispanidad (Gran Vía- Zamora), Álvaro Cunqueiro, Segunda República, Casco Vello, Rosalía de Castro, Panamá, Hispanidad (Gran Vía- Zamora), novo acceso ao barrio de Navia desde a VG-20, Coutadas-Teis, Doctor Canoa, Baixada Mestre Chane, Moaña, Avda. Castrelos (entre Portanet e tanatorio). Ademais, engadiu, hai máis actuacións en todas as parroquias Alcabre, Beade, Bembrive, Cabral, Candeán, Castrelos, Comesaña, Coruxo, Freixeiro, Lavadores, Matamá, Navia, Oia, Saiáns, Sárdoma, Teis, Valadares e Zamáns.
Descargar todas as imaxes