Escoitar

Pleno da Corporación

venres, 22 nov 2013

PLENO DO EXCMO. CONCELLO .- Núm. 18

CONVOCATORIA

ORDE DO DIA para a sesión ORDINARIA que terá lugar o día 25 de NOVEMBRO de 2013, ás NOVE HORAS, no salón de Plenos deste Concello.


PARTE RESOLUTIVA
1.- Actas anteriores: sesión ordinaria do 30 de setembro e sesión extraordinaria do 15 de outubro de 2013.


2.- Declaracións institucionais.

2.1.- Declaración Institucional "25 de novembro Dia Internacional contra a violencia de xénero."

3.- Ditames das comisións informativas:


XESTIÓN MUNICIPAL E MOBILIDADE
3.1.- Proposta de declaración de titularidade do Concello de Vigo dun camiño en Bembrive, entre o camiño Garabulla e o camiño do Cemiterio. Expte. 19434/240 (768/1101)


4.- Proposicións mencionadas no artigo 63 do regulamento do Pleno.


5.- Mocións:

5.1.- Moción do grupo político Socialista instando á Deputación Provincial á realización das obras pendentes de mantemento, asfaltado e limpeza da Estrada PO-7004, Gran Vía-Avda. Madrid/Estrada Provincial. Expte. 785/1101.

5.2.- Moción do grupo político Socialista instando ao Goberno do Estado a retirada do Proxecto de Lei do Sector Eléctrico en tramitación nas Cortes Xerais, así como a respectar os compromisos internacionais de redución na emisión de gases de efecto invernadoiro. Expte. 787/1101.

5.3.- Moción do grupo político Socialista instando á Xunta de Galicia a deixar sen efecto o recorte orzamentario que impide o desprazamento a persoas dependentes con discapacidade ou dificultades de mobilidade. Expte. 788/1101.


6.- Asuntos ou mocións urxentes.


PARTE DE CONTROL
1.- Toma de coñecemento dos acordos ou resolucións doutros órganos municipais ou de informes ou escritos que así o requiran.

1.1.- Dar conta de resolucións da Alcaldía.

1.2.- Dar conta de resolucións asinadas por concelleiros/as delegados/as.

1.3.- Dar conta da resolución da Alcaldía referente á delegación das atribucións no concelleiro de Fomento para a tramitación e execución do expediente de contratación do novo centro deportivo municipal de Navia. Expte. 778/1101.


2.- Coñecemento dos informes citados no art. 38.2.m.4º do Regulamento do Pleno.

3.- Comparecencias de membros da Corporación (art. 81 R.O.P).

3.1.- Comparecencia, a iniciativa do grupo político do BNG, do Concelleiro Delegado da área de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado, D. Santos Hector Rodríguez Díaz, ao obxecto de informar da tramitación e dos prazos para resolver os expedientes relativos ao Plan Social contra a crise. Expte. 777/1101.


4.- Mocións.

4.1.- Moción do Grupo político do BNG instando ao Goberno Local a non desenvolver ningunha gran superficie comercial no sector de Liñeiriños dada a excesiva oferta, e a desenvolver programas de estímulo ao pequeno e mediano comercio. Expte. 776/1101.

4.2.- Moción do Grupo político do Partido Popular propoñendo a creación dun centro integral para persoas prostituídas e para as vítimas de trata e explotación sexual. Expte. 781/1101.

4.3.- Moción do Grupo político do Partido Popular instando ao goberno municipal a modificación da Ordenanza reguladora do servizo de Autotaxis. Expte. 782/1101.

4.4.- Moción do Grupo político do Partido Popular instando a incorporación no vindeiro Orzamento 2014 de axudas directas aos comerciantes e á elaboración dun Plan estratéxico de apoio ao pequeno comercio vigués. Expte. 784/1101


4.a. Mocións urxentes de control do goberno municipal.


5.- Formulación de rogos.


6.-Formulación de preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA:
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes conclusos para a súa inclusión na orde do día, convócase ó Pleno da Corporación para ter lugar sesión ORDINARIA no salón de Plenos ás 9,00 HORAS do día VINTE E CINCO DE NOVEMBRO, para resolver os asuntos da devandita relación.

Se na primeira convocatoria non existira o quorum necesario, entenderíase convocada a sesión automaticamente á mesma hora dous días despois.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Corporación para a súa concorrencia puntual ó acto e fágase público no taboleiro da Casa do Concello ós efectos de información.

Vigo, 21 de novembro de 2013
O ALCALDE, O SECRETARIO XERAL DO PLENO,


Abel Caballero Álvarez José Riesgo Boluda.