O goberno local achega 193.000 euros para entidades sociais e fomento do emprego
O rexedor informou este xoves dos últimos pagos validados polo Concello de Vigo, 108.000 euros adicados a subvencionar o fomento do emprego e case 85.000 máis para entidades e comedores sociais. Caballero denunciou o recorte das administracións autonómica e provincial aos comedores, "prácticamente sostidos" co apoio do goberno de Vigo.