O Concello puxo en marcha dúas fontes no parque Camilo José Cela tras anos paradas
O alcalde visitou hoxe venres este parque, sito entre Torrecedeira e Pi y Margall, que ven de ser reformado recentement polo Concello de Vigo. O goberno local puxo en funcionamento dúas fontes que levaban "anos e anos" sen funcionar, sumou iluminación e limpou e rehabilitaou as esculturas do recinto, entre outras actuacións.
Tras a mellora realizada polo goberno de Vigo, o alcalde asegurou que o de Camilo José Cela é un "parque absolutamente rehabilitado, remozado e digamos que rehumanizado, coa posta en funcionamento de dúas fontes" que levaban "anos e anos" sen funcionar, asegurou.
Descargar todas as imaxes