O alcalde destaca as políticas de emprego e a atención social como as claves do 2013
O goberno de Vigo fixo hoxe venres balance do ano que remata, un 2013 cun "inmenso e incontable número de realizacións" a nivel municipal. Caballero salientou os 2.700 empregos xerados desde o Concello, os case 30 millóns de investimento na humanización dun centenar de rúas, 14 millóns en atención social fronte a crise e a reducción de débeda.
O alcalde de Vigo, acompañado por unha representación do goberno da cidade, compareceu este venres ante os medios de comunicación para facer un balance do 2013 que conclúe, un ano "excepcionalmente importante" no que a crise deixou unha "profunda pegada". Caballero censurou a acción "practicamente nula" da Xunta de Galicia e da Deputación de Pontevedra en Vigo e valorou a "razonable" actuación do Goberno de España, singularizada polo rexedor no túnel do AVE, na estación de Urzáiz e na nova depuradora.
A nivel municipal, Caballero valora o 2013 como un ano "francamente bo" no que o Concello investiu case 30 millóns de euros para, entre outras actuacións, humanizar case que un centenar de viais na cidade. En apoio social, o goberno local adicou máis de 14 millóns de euros á atención dos máis desfavorecidos, dos que 11 millóns corresponden ao departamento de Benestar e outros 3 millóns ao Plan Social que beneficiou a case 1.300 familias. O rexedor salientou os 636.000 euros de respaldo aos comedores da cidade, un 750% máis que no ano 2011.
En materia de postos de traballo, o Plan de Emprego Municipal supuxo a creación de 700 empregos cun orzamento de 4 millóns de euros. Caballero engadiu o emprego mantido e xerado co investimento público municipal, acadando a cifra total os 2.700 postos de traballo na cidade.
O alcalde vencellou o investimento público, a atencións social e a xeración de emprego á unha reducción "drástica" da débeda municipal, que este ano queda no 17,2%, sendo a cidade española en réxime común con menor débeda e a galega con menor presión fiscal. Con 27,3 días de media, o Concello de Vigo é a administración do Estado cun menor prazo de pago a proveedores, segundo adiantou Caballero.
O primeiro edil repasou unha por unha todas as áreas de goberno municipais, como o deporte -este ano se puxeron en marcha os pabellóns de Candeán e da ETEA e se adxudicou o polideportivo de Navia- e a educación -coa apertura en 2013 de dúas novas escolas infantís municipais e da aula da UNED de Vigo, entre outras-. En materia de Urbanismo, Vivenda e Patrimonio, Caballero salientou o programa de realoxo para desafiuzados en pisos municipais, a axilización da concesión de licencias, o derrubo do restaurante El Castillo para revalorizar a muralla do século XVIII e o Centro de Interpretación de Mirambel, que acolle a "gran urbe romana" que foi Vigo.
Descargar todas as imaxes