Caballero anuncia a conxelación en 2014 dos prezos das tarxetas de VITRASA
O alcalde de Vigo avanzou este xoves que, de cara ao próximo ano, non subirá o prezo das tarxetas verde do VITRASA, nin a normal, nin a de estudantes, universitarios nin a social, e mantense a gratuidade para os pensionistas. As tarifas do taxi tamén quedan conxeladas.
Tras a celebración este xoves do Consello Sectorial do Transporte, Caballero indicou que o Concello volverá a conxelar o prezo das tarxetas do VITRASA en 2014, mantendo a tarifa actual tanto na tarxeta verde normal como na de estudantes, universitarios e a social, ademais de conservar a gratuidade da viaxe para os pensionistas e persoas con mobilidade reducida en cadeira de rodas.
Pola contra, o alcalde recordou que, en aplicación do contrato de concesión asinado en 1994, "non queda máis remedio" que aplicar a fórmula do mesmo e, por tanto, incrementar o billete ordinario ata os 1,32 euros, o estipulado no contrato.
Coa conxelación do prezo das tarxetas, o Concello subvenciona 0,46 euros a cada usuario da tarxeta verde en cada viaxe, 0,49 no caso da estudante, 0,45 na de universitario, 0,66 euros na social e 1,32 euros para os pensionistas. "A cidade fai un esforzo excepcional en manter conxeladas todas as tarifas das tarxetas", apuntou Caballero.
Sobre o emprego das tarxetas verde de VITRASA, o rexedor vigués recordou que actualmente son de expedición gratuita e para aquel que a solicite con independencia da súa procedencia. Caballero adiantou que o goberno que preside estuda "moi seriamente" que estos bonos sexan válidos só para empadroados en Vigo, quedando tamén no análise se os non empadroados terían unha menor ou ningunha bonificación.
No tocante ao prezo dos taxis para o próximo ano, as tarifas tamén quedarán conxeladas, sendo a única variación a baixada de bandeira, que se adiantará en 100 metros.
Descargar todas as imaxes