Escoitar

O Concello achega este ano 97.000 euros a AFAN dun total de 636.000 euros para comedores

O alcalde visitou este luns as instalacións de AFAN e salientou o "espléndido" traballo que fai a entidade en favor dos máis necesitados. O goberno local elevou a achega á Asociación ata os 97.000 euros, cando en anos pasados era de 20.000 euros. En Benestar, o Concello elevou a partida un 12%.

luns, 23 dec 2013
1387802876PC244977.JPG
Abel Caballero visitou as instalacións de AFAN e eloxiou o traballo "espléndido" que realiza a Asociación, á que o Concello de Vigo subvenciona con 97.000 euros neste ano que remata, cando a achega á entidade habitualmente ascendía aos 20.000 euros.

Xunto a AFAN, o alcalde recordou que, no ano 2013, o goberno de Vigo incrementou nun 750% o apoio aos comedores sociais da cidade con respecto a hai dous anos, sumando un total de 636.000 euros. Caballero comparou a política do Concello de Vigo coa da Xunta de Galicia, que rebaixou un 12% as partidas de Benestar mentres que o goberno que preside Caballero incrementou as cantidades nun 12%.

Con estas accións, Caballero explicou que "tratamos de cubrir as necesidades" provocadas pola crise e indicou que "hai unha parte da cidade que o está a pasar moi mail e a cidade está tratando de resolver o problema o mellor que pode con toda esta aportación".
Descargar todas as imaxes