Escoitar

O Concello sufraga a inmersión lingüística de 46 estudantes da Escola de Idiomas de Vigo

O alcalde informou este xoves da adxudicación, en Xunta de Goberno Local, de 46 bolsas para estudantes da Escola Oficial de Idiomas de Vigo, cun importe de 80.000 euros. Londres segue a ser o destino principal, con 33 achegas concedidas da convocatoria, que inclúe tamén Franca, Alemaña, Italia, Portugal, China e Xapón.

xoves, 19 dec 2013
A Xunta de Goberno local deu luz verde este xoves á concesión de 46 bolsas de estudos para estadías no estranxeiro de 46 alumnos da Escola Oficial de Idiomas de Vigo. Durante este curso, e cun importe de 80.000 euros, 33 estudantes irán a Londres, 5 a París, 3 a Berlín, 2 a Roma e 1 a Lisboa, Tokio e, por último e como novidade nesta edición, explicou o rexedor, Pekín, todos eles financiados polo Concello de Vigo.