Inauguración exposición "Corintia" na Fundación Laxeiro
Este xoves, 19 de decembro, ás 20:00 h, a Fundación Laxeiro (r/ Policarpo Sanz, 15, 3º andar) inaugura a primeira exposición individual en España de Elena Lapeña (Madrid, 1964) que, co título Corintia, mostra o seu traballo fotográfico máis recente.
Este proxecto arranca dunha reflexión sobre o natural e o artificial que, ao longo da historia, se solapa como dous aspectos complementarios que conforman a contorna na que habitamos. Corintia convida á reflexión sobre as estruturas simples da natureza, á vez que ofrece tamén unha reflexión sobre as estruturas construtivas realizadas polo ser humano.
Como a mesma autora afirma no catálogo da exposición:
"Esta colección intenta describir formas primixenias da arte creadas pola natureza, nunha viaxe do revés ou de retorno, natura artem fingit; (...). Formas realizadas coa lei do mínimo esforzo, simplicidade, xeometría, sinxeleza e profusión de detalles, renacemento e barroco"
É a partir deste bucle sen principio nin fin, como a artista comeza a traballar na serie fotográfica que agora mostra, reunida baixo o título Corintia, na Fundación Laxeiro, despois de ser exposta en 2012, nos Open atelliers de Westelijke, Eilanden, en Amsterdam.
O propio título da exposición, Corintia, é unha chamada a toda a tradición artística accidental que, dende a antigüidade, frecuentemente busca na natureza os modelos arquetípicos da beleza. O número áureo, formulado xa por Euclides hai 2.300 anos, existente en certas formas naturais, instáurase, xa na Grecia clásica, como un dos patróns de beleza universais.
A montaxe foi resolta dispoñendo as fotografías, impresas sobre papel, nos panos do espazo expositivo, sen marco, directamente colgadas sobre a parede, acentuando así a delicadeza das imaxes que se nos presentan como flores e plantas moi ampliadas, con respecto ao seu tamaño real, nunha visión de conxunto na que contrasta a rotundidade de cada imaxe, coa lixeireza do soporte e a súa forma de ser mostradas.
A exposición permanecerá aberta ao público ata o 9 de marzo.
Descargar todas as imaxes