A demolición de tres inmobles en Peniche facilitará o tránsito de vehículos e peóns
As obras de demolición de tres inmobles para mellorar o tránsito en Peniche rematán nesta semana e, a continuación, procederase á preparación do terreo, salvando o desnivel entre López Mora e Camiño Pazos. As obras da rotonda e zonas verde previstas na zona realizaránse con cargo aos orzamentos do 2014.
O Concello de Vigo está a acometer o derrubamento das edificacións dos números 1A e 3A da rúa López Mora e o número 10 de Camiño dos Pazos, segundo constatou hoxe mércores o rexedor que esta mañá se achegou á zona acompañado polo concelleiro de Fomento, David Regades, e o de Emprego, Santos Héctor. A atención de "esta demanda histórica na cidade" facilitará os accesos no cruce de Peniche, "unha obra que levaba medio século sen facer". Unha vez realizada a demolición, que rematará nesta mesma semana, procederase á preparación e acondionamento do terreo, salvando a diferencia de cota entre López Mora e Camiño Pazos. Ademáis, engadiu, mellorarase o xiro de vehículos nesa confluencia e daráselle continuidade ao tránsito peonil entre das dúas rúas, con pavimento e formigón provisional. Tamén se instalarán, ao longo das tres próximas semanas, vallas para delimitar e protexer aos peóns. Tal e como avanzou, a rotonda e a zona verde previstas na zona acometeránse a cargo dos orzamentos do ano próximo.
Previamente a esta actuación, o Concello procedeu á retirada da placa de sinalización existente na vivenda número 1 de López Mora, que está catalogada con protección integral no PXOM, polo que xa está no museo de Castrelos. Estes traballos estarán rematados ao final de ano.
Descargar todas as imaxes
Previamente a esta actuación, o Concello procedeu á retirada da placa de sinalización existente na vivenda número 1 de López Mora, que está catalogada con protección integral no PXOM, polo que xa está no museo de Castrelos. Estes traballos estarán rematados ao final de ano.